Skip to main content
Ribadeo

O Concello de Ribadeo adquirirá unha rozadora para limpeza das vías

Por 11 Febreiro, 2023Sin comentarios

Medio Rural da Deputación de Lugo colaborará co Concello de Ribadeo na mellora dos medios para limpeza e roza de pistas e parcelas de titularidade municipal.

A institución provincial financiará a compra dunha rozadora de brazo articulado para os tractores que realizan estas tarefas de mantemento destas infraestruturas, fundamentais para a mobilidade e o desenvolvemento de actividades agrogandeiras e forestais nas distintas parroquias.

A deputada Mónica Freire lembrou que “a limpeza das vías e parcelas municipais supón un importante esforzo para os concellos, tanto en persoal como en medios, polo que desde a área de Medio Rural tratamos de apoiar os investimentos necesarios para que estes traballos se fagan da forma máis eficiente e áxil posible, pola seguridade da circulación e como labor preventiva fronte aos incendios forestais”.

Medio Rural da Deputación de Lugo destina 40.000 euros a esta colaboración co Concello de Ribadeo, que só nas parroquias rurais conta con máis de 180 quilómetros de vías e camiños municipais.