Skip to main content
Ribadeo

Víctor López ocupará o número 2 da candidatura do PSOE de Ribadeo

Por 12 Febreiro, 2023Sin comentarios

O coñecido ribadense Víctor López ocupará o número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE de Ribadeo, que encabezará Marta Rey, para as eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio. Así se decidiu nunha xuntanza dos socialistas ribadenses celebrada na tarde noite de onte.

Víctor López, que naceu na vila ribadense hai 54 anos, é traballador do Rexistro da Propiedade en Ribadeo e foi presidente do Ribadeo Fútbol Club, entre outras responsabilidades en diferentes colectivos. Leva sendo militante do Partido Socialista desde hai máis de 20 anos.

Esta é a primeira novidade da lista do PSdeG-PSOE de Ribadeo e nas vindeiras semanas iranse dando a coñecer ó resto de persoas que integrarán a candidatura dos socialistas ribadenses, que manifestan: “non imos ser a comparsa de ninguén. Saímos a por todas, a gañar. Basta xa de enfrontamentos políticos que pouco ou nada benefician á veciñanza de Ribadeo”.