Skip to main content
Axenda CaducadaRibadeo

Ribadeo acollerá o 1º Concurso PuzzlEO

Por 24 Febreiro, 2023Sin comentarios

Ribadeo acollerá o 1º Concurso PuzzlEO RibadEO para colocar ao pobo no mapa puzzlero desta afición. A cita terá lugar o domingo 26 de marzo de 2023 ás 11.30 horas no pavillón municipal de Deportes de Ribadeo.

O evento está organizado por AEPUZZ e a Asociación Cultural A Ronqueta co apoio do Concello de Ribadeo e colaboradores como O Ferrado Marelo, Doctor Panush, Bis a Bis e Trece Decoración y Eventos.

A modalidade escollida é a de parellas: todas as parellas participantes montarán simultáneamente un puzzle de 500 pezas, igual para todas, sendo a gañadora a parella máis rápida. Dispoñen dun tempo máximo de dúas horas. As prazas están limitadas a 50 parellas.

As inscricións deben realizarse a través da páxina web de AEPUZZ www.aepuzz.es a partir do 26 de febreiro de 2023. O custo da inscrición é de 18 euros por parella, aplicándose un desconto de 5€ por persoa para ribadenses ou socios e socias de AEPUZZ. Haberá premios e trofeos para as tres primeiras parellas e para a mellor parella local.

Toda a información sobre as bases do concurso pode consultarse na mesma páxina web de AEPUZZ https://aepuzz.es/i-concurso-puzzleo-ribadeo. No correo electrónico puzzleoribadeo@gmail.com resolverase calquera dúbida ao respecto.

En Ribadeo, e no resto da Mariña Lucense, son varias as persoas aficionadas aos puzzles e que forman parte da Asociación Española de Puzzles AEPUZZ. Esta organización sen ánimo de lucro ten como misión promover diferentes eventos relacionados cos quebracabezas e os máis habituais son os concursos de puzzles.

No ano 2020 a pandemia obrigou a cancelar este mesmo evento, polo que era necesario convocar de novo este concurso  para colocar a Ribadeo no mapa puzzlero desta afición que, precisamente a pandemia, fixo que se extendera cada vez a máis persoas e fogares.