Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O BNG de Riotorto pedirá un pleno extraordinario para falar sobre o centro de saúde

Por 6 Febreiro, 2023Sin comentarios

“O alcalde e os concelleiros do PP negáronse a debater no pleno ordinario celebrado este venres a moción do BNG para reclamar á Xunta a cobertura das dúas prazas de médico no centro de saúde, apoiar a mobilización social en defensa da sanidade pública e reprobar a xestión dos responsables políticos da Consellería de Sanidade”, así o explica o BNG da localidade.

A pesar de que a moción estaba incluída na orde do día do pleno, “o Partido Popular vetou o seu debate, escudándose na ausencia do concelleiro do BNG, que non puido acudir por baixa médica”, afirma.

A formación nacionalista explica que “se presentou no concello o xustificante da baixa e máis o escrito pedindo que se debatese e votase a moción, cumprindo co recollido na orde do día”

O BNG  critica “a covardía política do goberno municipal que pon os intereses do Partido Popular por riba da defensa da sanidade pública e e dos servizos que reciben as veciñas e veciños, escudándose na baixa dun concelleiro para non dar a cara”

“É incomprensible que tras dous meses e medio cunha praza de médico sen cubrir, e coa Xunta de Galicia abrindo o camiño á súa amortización con intervencións no Parlamento, o equipo de goberno non teña ningunha xestión nin ningunha proposta que ofrecer”, sinala a forza nacionalista.

Recordan, ademais, que “a falta de iniciativa é a tónica da lexislatura, na que pasan os meses sen que o goberno municipal teña ningunha proposta que facer, en ningún tema, con plenos nos que, de non ser pola oposición, se convocarían sen ningún punto na orde do día”

Dada a situación, o BNG presentará unha solicitude de pleno extraordinario para que o goberno municipal aclare que xestións esta a realizar neste momento clave para o futuro do centro de saúde.