Skip to main content
RiotortoRiotorto AMARIÑAXA

O Concello de Riotorto organiza unha excursión a Salamanca e o val do Jerte

Por 26 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Riotorto ten programada unha excursión a Salamanca e o val do Jerte que se celebrará os días 1 e 2 de abril.

A viaxe dará comezo ás 6.30 horas dende a gasolinera da localidade. Tras un almorzo en Vega de Valcárce farase unha visita a Béjar para comerc no restaurante Corrobla. Pola tarde visitarán Cabezuela del Valle (Jerte) e pasarán a noite en Salamanca.

Ao día seguinte, farán unha visita guiada pola localidade. Tralo xantar, haberá tempo libre e o regreso está previsto para as 17.30 horas.

O prezo da viaxe é de 120 euros por persoa e só haberá 50 prazas, tendo preferencia os usuarios dos centros veciñais.
As persoas que desexen acudir deberán anotarse cos monitores dos centros veciñais ou no Concello antes do 15 de marzo.