Skip to main content
Trabada

A asociación O Picato escolleu o cartel anunciador do Entroido 2023

Por 6 Febreiro, 2023Sin comentarios

A asociación O Picato informou que xa contan con cartel anunciador da festa de Entroido 2023. Así, o deseño de Adriana foi o escollido polo xurado para representar a festa e que levou un agasallo de 50 euros.

Tamén anunciaron que en breves contarán o “resto de novidades sobre esta gran celebración, non vos imaxinades as ganas que temos de troula”.

Dende a asociación xa anunciaron que a festa como é costume será o derradeiro da Mariña, o sábado 4 de marzo.