Skip to main content
Viveiro

O Concello de Viveiro quere mellorar a eficiencia enerxética do parque empresarial de Landrove

Por 15 Febreiro, 2023Febreiro 16th, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro quere mellorar a eficiencia enerxética do alumeado público do parque empresarial de Landrove polo que solicitou unha subvención para facer fronte ao gasto.

O goberno municipal adheriuse para elo á Orde do 14 de decembro de 2022 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta.

O importe solicitado é de 30.938,45 euros para a execución do proxecto, ao que hai que engadir os honorarios do proxecto e dirección de obra, por un coste de 2.722,50 euros.

O Concello de Viveiro proxecta unha obra que incluirá a substitución dos actuais puntos de alumeado do parque empresarial por luces LED de maior eficiencia, co obxectivo de adecuala á normativa de baixa tensión e ao regulamento de eficiencia enerxética en instalacións de alumeado exterior.

O goberno local recorda tamén que, despois das reunións mantidas no seu momento con Xestur, insistirá e premerá á entidade para que adecente e peche as parcelas tal e como se acordou.