Skip to main content
Viveiro

Por Viveiro di que o Concello gastou “5.000 euros en 14 árbores na última reforestación no Pernas Peón”

Por 17 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Grupo Municipal de Por Viveiro preguntou no pasado Pleno ordinario de febreiro sobre a demora na plantación de árbores no parque Pernas Peón.

“Na primavera do ano 2018 o equipo de Goberno do Concello tomou a decisión de realizar unha tala, por motivos de seguridade, de parte das arbores existentes no parque, tala que podemos considerar necesaria, mais tamén excesiva”, din, “despois de máis de catro anos foi anunciado un proxecto de recuperación do parque, orzamentado en máis de 1.200.000 euros”.

Recentemente o Concello realizou a plantación de 14 arbores, e anunciou outras 4 para a primavera, “tendo en conta que a tala do ano 2018 foi de mais de 120 arbores, en Por Viveiro consideramos a recente actuación escasa e tardía”.

A resposta do Goberno local foi “que dos 30.000 euros consignados para a actuación, ao parque Pernas Peón adicáronse 14.000€ euros á redacción dun proxecto integral, cunha valoración das obras segundo o Goberno municipal na cantidade de 1.200.000 euros, unha cantidade fora de lugar e desproporcionada para as necesidades do parque. E da restante cantidade indicaron, que se gastaron 5.000 euros, en plantar 14 árbores, case 357 euros por unidade, un verdadeiro despropósito. O resto da partida económica están pendente de invertir despois de 2 anos”.

En palabras do Portavoz de Por Viveiro, Bernardo Fraga “toda a actuación socialista neste ámbito é un verdadeiro desastre, e cantas máis explicacións pedimos no Pleno Municipal, máis se evidencia a falta de programación e de proxecto do PSOE para esta zona, e para Viveiro en xeral”.