Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

Viveiro celebrará a tradicional Cea-Baile de Irmandade con motivo do Día Internacional da Muller

Por 25 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Viveiro, a través da Concellería de Muller e o Centro de Información ás Mulleres (CIM), celebra o próximo 11 de marzo a tradicional Cea-Baile de Irmandade con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller.

Esta iniciativa, que se viña celebrando dende os últimos 17 anos pero que foi suspendida nas últimas dúas edicións por mor da pandemia, supón un punto de encontro entre as mulleres de Viveiro fomentando as relacións sociais e o seu tempo de lecer.

“Esta cea supón un acto de unión e de solidariedade entre as mulleres de Viveiro”, subliña a alcaldesa, María Loureiro. “Cremos que é moi importante celebrar esta Cea-Baile. Dende a Concellería da Muller vémolo como un paso importante para estar unidas e loitando porque se faga xustiza por un mundo realmente igualitario”, engade a concelleira de Muller, Lara Fernández Fernández-Noriega.

A cita será o sábado 11 de marzo no Restaurante Louzao (Area-Viveiro) a partir das 22.00 horas. O custo será de 50 euros e as reservas pódense facer a través dos teléfonos 982 560 944 e 629 608 725.