Skip to main content
Xove

A Deputación destinará remanentes do Plan Único 2022 á mellora de varias vías en Xove

Por 7 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou o pasado venres unha solicitude por parte do Concello de Xove de destinar remanentes do Plan Único 2022 para a mellora de varias vías.

Neste caso, o importe é de case 20.000 euros e con el acondicionarase os viais de acceso aos lugares de Prada, Illade e Barxa, nas parroquias de Lago e Xuances.