Skip to main content
Xove

O Concello de Xove quere crear un grupo de participación xuvenil

Por 13 Febreiro, 2023Febreiro 14th, 2023Sin comentarios

A oficina municipal de información xuvenil, OMIX, do Concello de Xoveinformou de que queren crear un grupo de participación xuvenil a nivel municipal.

Así, están a solicitar a colaboración das familias do municipio para animar aos rapaces a participar nesta iniciativa. Todas as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 982 571 816 ou pasar pola OMIX para anotarse e máis información.

A Oficina de Información Xuvenil é un servizo público e gratuito que o Concello pon a disposición da xuventude; empezou co  obxectivo de dotar ós  xóvenes dun servizo capaz de responder a diversos temas como o seu tempo libre, estudos, emprego, bolsas, cursos, idiomas, etc. e dar resposta á mocidade, tanto de información como de asesoramento, tramitación de carné xove (Euro<30) e organización de actividades dirixidas e orientadas á xuventude.