Skip to main content
Axenda CaducadaViveiro

Martelos Costa Norte organiza unha chocolatada benéfica

Por 12 Febreiro, 2023Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

A asociación Martelos Costa Norte prepara para o vindeiro domingo19 de febreiro unha chocolarada benéfica en favor de Nico Contra el Cáncer Infantil, unha asociación que fomenta a investigación do Neuroblastoma infantil.

Esta acción, que será na praza Maior de Viveiro dende as 16.00 ás 20.00 horas, contará con actividades de ocio e animación adicadas aos máis cativos da casa.

A aportación será de 3 euros e inclúe un chocolate, churros ou pastel.