Skip to main content
Axenda CaducadaBarreiros

O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza unha andaina de Entroido

Por 9 Febreiro, 2023Sin comentarios

O colectivo Barreiros Mar e Monte organiza para o domingo 19 de febreiro unha nova andaina de Entroido por Castrillón. Esta ruta terá saída ás 8.30 horas dende Piedras Blancas e ás 11.00 horas será a ruta Santo Estevo do Ermo.

Ao mediodía haberá un xantar de Entroido no bar La Yenka de Barreiros a base de caldo, cocido, viño, sobremesa e café. Todo por un prezo de 25 euros. Ademais contarán con baile de disfraces e sorteo.

Dende a organización aconsellan levar roupa cómoda e de abrigo e tamén ir disfrazadoss. Será necesario anotarse chamando  ao 622 758 079 ou no email barreirosmaremonte@gmail.com