Skip to main content
Axenda CaducadaXove

Aberta a inscrición da ruta equina de A Medela de Xove

Por 11 Febreiro, 2023Febreiro 12th, 2023Sin comentarios

A asociación equina A Medela de Xove presentou o cartel da XXIV Ruta Cabalar que se celebrará o domingo 19 de marzo de 2023. A xornada comezará ás 10.00 horas con saída dende o campo da igrexa de Sumoas para admirar as paisaxes de Xove.

Máis tarde e no medio da ruta haberá uns pinchos para os participantes, ao que seguirá un xantar popular nunha carpa instlada no campo da igrexa. Estará servido por Pulpería Mario e manizado por un grupo musical aínda por confirmar. Tamén haberá sorteo de agasallos.

Para anotarse compre chamar antes do 16 de marzo a 637 562 351, 690 861 415, 629 810 710 ou 616 631 495.