Skip to main content
Axenda CaducadaBóveda

O Bóveda Slam Poetry comeza o 25 de marzo e xa está aberto o prazo de inscrición

Por 17 Febreiro, 2023Febreiro 18th, 2023Sin comentarios

A asociación KulturN’aldea organiza o Bóveda Slam Poetry, unha competición de poesía que terá lugar no centro sociocultural de Bóveda o 25 de marzo a partir das 19.00 horas.

Os interesados en participar deberán ser maiores de idade e poden anotarse ata o vindeiro 12 de marzo ás 15.00 horas a través do correo bovedaslampoetry@gmail.com enviando o nome e dous poemas en PDF.

Os poemas deberán ser propios da persoa que se presenta e a lectura deles deberá durar como máximo 3 minutos.

Bases de inscrición

Faranse cinco combates a golpe de verso en marzo, maio, xuño, setembro e outubro e unha gran final en novembro. O mellor e o segundo mellor de cada tempada clasificaranse para a final.

Poderán inscribirse os 7 primeiros que envíen un correo electrónico máis dúas persoas de reserva.

Por último, o idioma elixido pode ser calquera, xa que pode participar todo o mundo e o poema é de temática libre, aínda que é mellor prepararse dous, xa que o combate é de dúas roldas.