Skip to main content
Axenda CaducadaPantón

Segredos de Pantón organiza unha actividade na que se fará a ruta do río Carabelos

Por 18 Febreiro, 2023Febreiro 19th, 2023Sin comentarios

Segredos de Pantón organiza para o vindeiro domingo, 26 de febreiro, unha ruta do río Carabelos, que pasa polas parroquias de San Martiño de Pantón e San Romao de Moreda.

A andaina comezará ás 10.00 horas da mañá e nela os participantes descubrirán a contorna do val do río Carabelos, coñecendo unha antiga mina, unha casa grande, un castro e moitas máis cousas.

A ruta é de dificultade baixa e terá un percorrido de menos de 5 quilómetros.

Hai 30 prazas para quen se queira apuntar á actividade, que ten un custo de 2 euros por persoa.