Skip to main content
A PontenovaAxenda Caducada

A Copa de España de descenso de augas bravas volve á Pontenova

Por 23 Febreiro, 2023Sin comentarios

Os días 4 e 5 de marzo celebraráse de novo no Concello da Pontenova a Copa de España de descenso de augas bravas nas modalidades clásica e sprint.

Serán días de xuntanza e emoción entorno a un evento deportivo tan signitifactivo. O ano pasado reuniu a 185 palistas de dez clubs procedentes de catro comunidades autónomas.

A modalidade de sprint, sobre un tramo de río de 300 metros no casco urbano, terá a súa saída desde o Pozo da Ola. O descenso, con percorrido de tres quilómetros desde o centro da vila.

A proba está organizada polo Club Cidade de Lugo, coa colaboración da Federación Galega de Piragüismo (FGP), a Real Federación Española de Piragüismo (RFEP) e o Concello da Pontenova. Será a primeira ocasión na que a vila pontenovesa acolla unha competición nacional do calendario da RFEP.