Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAComarca LUGOXAComarca TERRACHÁXADeportes AMARIÑAXADeportes LUGOXADeportes TERRACHÁXA

Troitas Bravas, da Pontenova, segue a liderar a liga de billarda

Por 7 Febreiro, 2023Sin comentarios

Por Daniel Rodríguez Saavedra da Asociación O Varal.

Una densa néboa e un terreo blando foi o que nos recibiu no campo de fútbol A Veiga de Riotorto o domingo 5 de febreiro para disputar a oitava xornada da LNB da conferencia NorLeste.

Oitenta e catro palanadores (60 homes, 17 donas e 7 cativos) que se esforzaron por superar os atrancos dun terreo mol e cheo de fondas pegadas de outras recentes e deportivas liortas e daquela non se agardaban altas puntuacións na xornada, e así aconteceo, so doce palanadores acadaron vinte ou mais puntos.

Salientables sobre todos os mais, foron o infalible Charli de Carabullo, Manu Pozo de Billardeiros Musicais e Tonho de Troitas Bravas, que empataron a vintecatro puntos e xogáronse entre eles os postos no podio, quedando por este mismo orde.

A Carabullo deulle un bo empurrón a presencia de Santi, que os levou a gañar a xornada con un punto por riba de Troitas Bravas e catro mais que Billardeiros Musicais.

O podio femenino copárono Sandra e Carme de Troitas Bravas seguidas de Aroa de Billardeiros Musicais. Entre os habituais infantís Mateu e Diego de Madia Leva, colouse desta volta como segundo o xovencísimo Roi de Troitas Bravas.

A medida que o sol iba escorrentando un pouquiño a friaxe da maña, foi rematando unha xornada dificil na que moitos dos veteráns se viron superados polos elementos e non se atoparon cómodos.

O alcalde acompañounos e foi xunto con Sachas (artífice na organización deste evento) o encargado de entregar os premios os gañadores.

A seguinte xornada de San Miguel do 4 de marzo, coincide ca Candeloria de Lugo, polo que estase a falar de aplazala para o domingo día 5.

As clasificacións logo desta xornada quedan deste xeito:

Individual:

  • Charli   (Carabullo) 168 p
  • Manu Caldeiro (Bill.Verde) 141 p
  • Manu Pozo  (Bill Musicais) 135 p
  • Regueiro (Toitas Bravas) 135 p
  • Navallo(Troitas Bravas) 140 p

Donas:

  • Aroa  (Bill.Musicais) 105 p
  • Geni  (Bill.Musicais)   94 p
  • Irea    (Carabullo)  64 p

Equipos:

  • Troitas Bravas 619 p
  • Carabullo 585 p
  • Billardeiros Musicais 578 p