Skip to main content
Antas de UllaAxenda Caducada

Antas de Ulla celebrará o Entroido os días 19 e 21

Por 13 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Antas de Ulla contará con dous días de celebración da festa do Entroido.

O primeiro será o domingo 19 de febreiro cun Entroido para nenos que comezará ás 16.00 na praza Nova. Esta celebración contará con desfile de disfraces, casa de bolas, tobogán, rocódromo, inchables e un obradoiro de chapas.

Para rematar a festa haberá unha merenda con doces típicos destas datas.

O martes 21 de febreiro Antas acolle a festa para os adultos que dará comezo ás 21.00 coa actuación da charanga Era Visto. Ás 22.00 dará comezo o desfile de disfraces para o que será necesario inscrición previa en horario de 21.00 a 21.30 na mesma praza.

A charanga Era Visto volverá actuar despois do desfile e a entrega de premios terá lugar ás 24.00.

Haberá unha categoría de individual e parellas na que se repartirán tres premios de 150, 100 e 70 euros e outra categoría para comparsas que contará con cinco premios de 300, 250, 200, 150 e 100.