Skip to main content
Baralla

Baralla celebra o Entroido o vindeiro día 19

Por 9 Febreiro, 2023Sin comentarios

Baralla celebra a súa festa de Entroido o vindeiro 19 de febreiro na praza Maior organizada polo Concello e a asociación cultural Airiños do Neira.

A celebración consistirá nun concurso de difraces para o que será necesario anotarse antes da saída na área recreativa.

A saída terá lugar ás 17.30 dende a área recreativa e consistirá nun pasacalles pola vila.

Poderase concursar en comparsas, parellas ou de xeito individual. Para as comparsas haberá tres premios, o primeiro de 200, o segundo de 100 e un terceiro de 50 euros. O mellor disfraz individual e a mellor parella recibirán un premio de 50 euros cada un.

Todos os participantes disfrazados recibirán un agasallo e para finalizar a festa un chocolate con churros de balde.