Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Castro aumenta a contía dos premios do seu tradicional concurso de Entroido

Por 20 Febreiro, 2023Febreiro 28th, 2023Sin comentarios

Castro prepárase para a chegada do Entroido, que terá a súa festa máis destacada o día 4 de marzo organizada polo colectivo Culdecastro.

A festa grande será en Castro Ribeiras de Lea e arrancará a partir das 12.00 coa actuación de Os Valuros de Castro de Rei, para continuar, ás 13.30 horas, coa sesión vermú a cargo de Stereo Show.

Ás 16.30 horas será a vez do desfile de Entroido no que se repartirán máis de 7.000 euros en premios, animado por David Expósito de Orquesta FM. Na categoría infantil haberá tres premios a nivel individual e tres de parellas, con premios entre os 60 e os 25 euros no primeiro grupo e de 100 a 40 no segundo. Para grupos os premios serán tamén 3 e estarán entre os 300 e os 75 euros.

Ademais, haberá tamén catro premios para adultos en individual, de entre 150 e 50 euros, e de parellas, de 200 a 80. Ademais, na categoría comparsas e carrozas repartiranse 1.000, 500, 400, 399 e 200 euros.

Por outra banda, establécese un premios especial para as comparsas do Concello de 400 euros.

Para participar no concurso requírese inscrición previa ata o 2 de marzo nos teléfonos 687 730 688 e 627 395 007 e 695 793 050.

A festa rematará cunha cea aberta a todo o mundo a partir das 21.00 horas a base de sopa de cocido, chourizo, morro, orella, lacón, rabo, patacas, verduras e garavanzos. A cea será na caseta do polbo.

A verbena porá o fin de festa a partir das 23.00 horas coa orquestra Stereo Show de novo e con DJ David Expósito.

A festa terá lugar na praza da vila, na carballeira, baixo unha carpa climatizada e haberá sorteo de premios.