Skip to main content
Axenda CaducadaCervantes

Piornedo Anda organiza a ruta do Valdafreita para este domingo

Por 17 Febreiro, 2023Sin comentarios

Piornedo Anda continúa coa súa programación de rutas de carácter etnográfico polos ancares e realiza unha nova proposta para este domingo 19 de febreiro.

O colectivo recorrerá a Ruta do Valdafreita a e os participantes terán a saída ás 10.00 horas desde a palloza museo Casa do Sesto, en Cervantes, onde dará comezo o percorrido que será dunhas tres horas de duración.

As persoas interesadas en participar na actividade poden reservar praza chamando aos teléfonos 630 41 15 18 o 659 52 39 11.

O prezo da ruta é de 5 euros por persoas e desde Piornedo Anda recomendan o uso de pantalón largo e botas.