Skip to main content
A FonsagradaAxenda Caducada

A ITV agrícola estará nas parroquias da Fonsagrada en marzo e abril

Por 17 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello da Fonsagrada informou de que a unidade móbil da ITV agrícola estará facendo as revisións no municipio o 22, 28 e 29 de marzo e 11 de abril.

A unidade prestará servizo no campo da festa de Louxas o día 22 en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.

Os días 28 e 29 de marzo estará na explanada O Piñeiral na Fonsagrada en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.

Carballido será a seguinte parada o día 4 de abril e estará no cruce da carretera na entrada do pobo en horario de 9.00 a 13.30 horas.

Para finalizar o percorrido o día 11 de abril  estará en Logares en horario de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00 horas.

As persoas interesadas deben solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 30 90 00 ou a través da páxina web www.sycitv.com.