A plataforma Coidemos Lugo realizará a súa primeira actuación de 2023 o vindeiro domingo 12 de febreiro a partir das 11.00.
O punto de encontro será a rúa Alicia Vilas, entre as dúas rotondas do fondo do Hula.
Unha acción de limpeza que se suma ás xa realizadas noutros espazos da cidade de Lugo.
Coidemos Lugo é un movemento social lucense que procura xerar un sentimento de amor e respecto polo patrimonio, a natureza e os espazos públicos..
