Skip to main content
Lugo

Renovan o firme dos accesos á parroquia de Ribas de Miño

Por 3 Febreiro, 2023Febreiro 6th, 2023Sin comentarios

Os accesos á parroquia de Ribas de Miño, partindo da pista de Argonde e atravesando o lugar de Vilachá veén de ser sufrir melloras no firme, onde a obra alcanzou neste caso, non só á estrada principal senón tamén os camiños que conducen ás vivendas e á Igrexa.

Unha intervención, na que o Concello investiu 59.362€, e que se realiza para mellorar a seguridade viaria e dar resposta, así, ás peticións que nos fixeron chegar as persoas residentes na zona”, explicou o edil de Miguel Fernández.

Con estas obras “preténdese materializar o compromiso adquirido coa veciñanza da zona rural de ir mellorando progresivamente as infraestruturas municipais, atendendo todas aquelas demandas que nos fan chegar”, sinalou o concelleiro de Medio Rural.

O tenente de alcaldesa explicou, así mesmo, que as tarefas realizadas incluíron a limpeza de cunetas para facilitar a circulación das augas e a adaptación dos rexistros existentes ás novas rasantes, así como a reposición do firme con aglomerado en quente, “xa que son vías moi transitadas e que, debido á súa antigüidade, se atopan nunha situación que esixía a súa rehabilitanción”, referiu o edil.