Skip to main content
Lugo

A librería Trama presenta dous libros esta semana

Por 7 Febreiro, 2023Sin comentarios

A librería Trama organiza esta semana dúas presentacións, a primeira terá lugar mañá mércores 8 de febreiro, ás 19.00 e será o libro Nos días encantados de agosto do autor Manolo González.

Nos días encantados de agosto é unha viaxe apaixonada na procura do ronsel esquecido do iconauta José Gil, o auténtico precursor do cinema galego, quen filmou Galicia todos os agostos entre 1910 e 1934.

Na presentación estarán o autor Manolo González, o guionista e director Pepe Coira e o antropólogo e historiador Fernando Arribas.

O xoves día 9 será a presentación do libro Lugo Philadelphia que terá lugar no Club Clavicémbalo ás 20.00.

O libro dos autores Alba Díaz e Lois Pérez relata a historia da procura do rock and roll de Lugo a Philadelphia, vía Nova York.

Na presentación os autores estarán acompañados por Fran Alonso, director de Xerais, e Alexandra Cabana, profesora.