Skip to main content
Lugo

Un xogo na rúa reivindicará o papel da muller na ciencia

Por 9 Febreiro, 2023Sin comentarios

Lugo conmemorará, por segundo ano consecutivo, o día Internacional da Muller e a Nena na ciencia e farao cunha actividade a pé de rúa dirixida a mozos e mozas lucenses co obxectivo de visibilizar o papel feminino na ciencia como referente para que outras nenas sigan os seus pasos nun ámbito moi masculinizado.

A iniciativa consiste na elaboración dun Memory – xigante – de cartas con apartacións de 10 mulleres científicas. O xogo consiste en facer parellas, casando a imaxe de cada científica nunha carta co seu logro na outra. As cartas póñense boca abaixo e, en cada quenda, cada xogador/a dá volta a dúas cartas. Se son parella gaña, e se non colócanse no seu sitio.

O xogo levarase a cabo en diferentes parques infantís e nas súas inmediacións das 16.30 ás 18.30 horas do 11 ao 17 de febreiro.

As actividades estarán centradas en educar en igualdade desde idades temperás, xa que os nenos e nenas están libres de prexuízos, polo que implementar ensinanza igualitaria repercutirá no seu desenvolvemento dende unha perspectiva de xénero.

A acción faise co obxectivo de aportar referentes femininos no eido científico e axudar a espertar as vocacións das cativas no ámbito das STEM, contribuíndo así a eliminar os prexuízos na elección profesional de rapaces e rapazas e máis a visibilizar mulleres científicas esquecidas e/ou eliminadas na tradición académica.

Este xogo esstará dispoñible na praza Agro do Rolo o 11 de febreiro, na praza de Bretaña o 13 de febreiro, no parque de Rosalía de Castro o 14 de febreiro, en Campo Castelo e praza Maior o 15 de febreiro, no Castiñeiro o 16 de febreiro e en Paradai o 17 de febreiro.