Skip to main content
Lugo

‘Diversión non é submisión’ a nova campaña que busca a prevención contra a submisión química

Por 11 Febreiro, 2023Sin comentarios

Unha nova campaña Diversión non é submisión nace co obxectivo de sensibilización e prevención contra a submisión química, onde se pon o foco nos agresores e na primeira atención as vítimas. A iniciativa desenvolverase conxuntamente entre o Concello de Lugo, o coletivo de locais de ocio nocturno e tamén co apoio da Asociación de Hostaleiros.

Segundo os datos do NTCF, en España, no 2021 houbo 3.001 solicitudes de investigación de casos de agresións sexuais e pediuse estudo de submisión ou vulnerabilidade química en 994 casos, é dicir, máis do 33%. O 72,1% dos casos analizados deron positivo nalgunha substancia, nun contexto onde o 92,4% das vítimas foron mulleres. A maiores, o Ministerio de Xustiza advirte que no 80% dos casos de submisión química en España están implicados coñecidos das vítimas.

A través desta campaña búscase concienciar sobre esta nova forma de violencia machista, incrementar a protección das vítimas e facilitar a primeira atención da muller baixo os efectos da submisión química. “Debemos dotar á xente de ferramentas informativas para que tome conciencia. Non queremos xerar un clima de alarma, todo o contrario; máis ben de seguridade” declarou Lara Méndez.

A iniciativa tamén se centra en responsabilizar aos agresores, que baixo ningunha escusa poden ignorar ou mitigar a gravidade do delito que comenten.

A campaña inclúe a colocación de 1.000 adhesivos con códigos QR nos locais de ocio nocturno e de hostalaría, que reenvían a unha páxina con información sobre o que é a submisión química, os indicadores de sospeita e sobre como actuar. “O máis importante é comunicar o sucedido o antes posible ás persoas responsables do locais”, destacou a concelleira Silvia Alonso.