Skip to main content
Lugo

Lugo acolle un taller interxeracional de creación de disfraces non sexistas

Por 12 Febreiro, 2023Sin comentarios

A concellería de Muller e Igualdade toma a Palabra do Ano 2022, Comadre, como base para desenvolver unha actividade para vivir un Entroido libre de roles e estereotipos machistas. Trátase dun taller de convivencia interxeracional na que mulleres de diferentes idades e ámbitos colaborarán na elaboración festiva de disfraces non sexistas.

Celebrarase do luns 13 ao xoves 16 de febreiro, das 16.30 ás 18.30 horas, no centro social interxeracional Paco Martín. O Xoves de Comadres rematarase cunha chocolatada e doces propios do Entroido para as participantes. Non será necesario inscrición e o Concello aporta os materiais.

O Dicionario da Real Academia Galega define comadre nas acepcións relacionadas co parentesco, pero na fala popular esta voz refírese tamén á veciña ou á amiga na que se ten especial confianza. Con este último significado, que lembra as mozas e vellas que se prestan apoio para faceren fronte aos contextos adversos e que se fan tamén compaña nos bos momentos da vida, vén empregándose dende hai moito tempo.

Bebendo deste herdo tradicional, o Concello reivindica un Entroido dende o feminismo consciente como un xeito de se referir a aquelas que practican a sororidade, a solidariedade entre mulleres.