Skip to main content
Lugo

Dez novos espazos públicos da cidade xa contan con conexión wifi gratuíta

Por 12 Febreiro, 2023Febreiro 13th, 2023Sin comentarios

Conectarse a internet na rúa desde un portátil, un móbil ou unha PDA será agora máis fácil en Lugo. A veciñanza xa pode acceder a redes wifi gratuitas nunha decena de novos espazos públicos da cidade a través do programa municipal WIFI4UE, co que “avanzamos na procura dunha cidade máis moderna e conectada”

A alcaldesa Lara Méndez, visitou a colocación das primeiras sinais informativas na praza da Milagrosa, e xa están instaladas en praza Agro do Rolo, Augas Férreas, Praza Maior, Casa da Xuventude, praza do Castiñeiro, praza Viana do Castelo, praza do Campo Castelo, o Centro de Servizos Municipais e praza Horta do Seminario.

“WIFI4UE é un programa europeo, para o que Lugo resultou seleccionado”, lembrou a rexedora, que financia con 15.000 euros a instalación de puntos de acceso sen cableado á rede, co obxectivo de promover as redes wifi para os cidadáns e transeúntes en espazos públicos de toda Europa. O orzamento total ascendeu a 36.193 euros incluíndo as liñas necesarias e o mantemento durante tres anos.

De tal xeito que, se espera que esta conectividade inalámbrica local, gratuíta e sen condicións discriminatorias contribúa a pechar a fenda dixital.

Para acceder so hai que conectarse á rede WiFi4EU e iniciar sesión no portal, sen necesidade de rexistro previo e só con facer un clic. Disponse de máis información no seguinte portal.