Skip to main content
Lugo

O Concello realizará obras na rede de abastecemento do núcleo de Cima de Vila

Por 13 Febreiro, 2023Febreiro 14th, 2023Sin comentarios

O nucleo rural de Cima de Vila, en Pedreda, contará cunhas obras de abastecemento para as que está dispoñible un orzamento de 121.000 euros, que proporcionarán un servizo básico a preto dun cento de veciños e veciñas de Cima de Vila. “Esta actuación é froito do noso compromiso para dotar de servizos públicos de calidade e eficientes ás parroquias, que poidan contribuír a fixar poboación no rural”, sostivo a rexedora.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro Medio Rural, Miguel Fernández, mantiveron  unha reunión coa veciñanza de Cima de Vila para explicarlles de primeira man as obras de abastecemento, que están en proceso de licitación, e contestar as súas dubidas.

A execución desenvolverase tendo en conta a proximidade dunha rede de abastecemento municipal paralela á Ronda Este, que se ampliará. Esta previsto a instalación dun total de máis 20 acometidas domiciliarias, en todas as vivendas existentes nesa zona.