Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

O torneo de futbolín ‘Maestros del Norte’ volve a Lugo esta fin de semana

Por 14 Febreiro, 2023Febreiro 15th, 2023Sin comentarios

Esta fin de semana o soto da Praza de Abastos acolle o torneo nacional de futbolín Maestros del Norte organizado pola Asociacón Lucense de Futbolín esta cita busca reunir as mellores figuras do panorama nacional. A asociación presidida nace co fin de promover e dar visibilidade a este deporte que forma parte da nosa cultura e que une a nenos e maiores. O torneo contará con modalidade Parado, Movemento e Feminino.

Dende a concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza anunciaron que o mercado municipal acollerá futbolíns para xogar de xeito gratuíto durante toda a semana.

A concelleira de Participación, Cristina López, afirmou que “con esta cita continuamos a aumentar a oferta de actividades na Praza e do Mercado, achegando unha nova oferta de ocio”.

Cristina López afirmou que esta cita é “a antesala ao torneo Maestros del Norte”, e engadiu “durante o mes de agosto, acollemos outra edición do torneo, que contou con máis de 400 participantes de todo o estado, e esta fin de semana buscamos repetir o éxito da cita do verán”.

O Torneo Maestros del Norte, organizado pola Asociación Lucense de Futbolín, asentouse como un dos torneos máis importantes a nivel estatal, que se celebrará en Lugo por segunda vez consecutiva.