Skip to main content
Lugo

Benestar organiza unha nova saída cultural para maiores a Quiroga

Por 14 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Concellería de Benestar Social, Inclusión e Persoas Maiores oferta unha nova viaxe cultural a Quiroga, enmarcada na Programación de Animación Sociocultural. Así o anunciou a Concelleira, quen explicou que a saída terá lugar o venres 24 de febreiro. A xornada arrincará ás 09.30 horas dende a Praza de Bretaña, regresando ao mesmo punto sobre as 20.00 horas.

As e os veciños que participen nesta excursión municipal visitarán o Museo Municipal Etnográfico e o Museo Xeolóxico de Quiroga. Despois do xantar farase unha parada noutro punto de interese cultural.  A entrada aos museos correrá a cargo do Concello e o xantar, a cargo das persoas participantes.

Esta é a segunda saída cultural do ano tras visitar Sargadelos no mes de xaneiro. Do mesmo xeito que todas as anteriores, está pensada como actividade recreativa para a socialización das persoas maiores, pero mantense aberta a toda a veciñanza.

A inscrición farase por rigorosa orde ata completar a capacidade do autobús, nos centros de convivencia Maruja Mallo, Milagrosa ou Uxío Novoneyra, en horario das 10.00 ás 13.00 h. Deberán aboar 4,12 euros a través do modelo de autoliquidación de taxas e prezos públicos 603.