Skip to main content
Lugo

Continúa a campaña para a recollida de aceite doméstico

Por 14 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello continua coa campaña para incentivar a recollida de aceite vexetal nas vivendas de Lugo a través da cal está a repartir entre a cidadanía máis de 5.600 embudes que teñen a finalidade de favorecer o proceso de almacenamento caseiro do aceite usado en botellas ou recipientes de plástico para posteriormente poder levalos aos contedores de reciclaxe do aceite.

Coa reciclaxe do aceite doméstico conséguense vantaxes para todos e todas, e por partida dobre: por unha banda, evítase a contaminación dos espazos públicos e, pola outra, cada litro que se recicla pódese transformar nun litro de biocombustible diesel.

As accións de concienciación, que se financian con fondos europeos acadados nunha convocatoria aberta pola Xunta, contemplan, ademais, charlas informativas a colectivos e asociacións da cidade.

Esta campaña nacía en paralelo coa instalación dos 50 colectores especiais para a reciclaxe do aceite doméstico, en tódolos barrios da cidade. “Desta forma todas as veciñas e veciños terán un preto de casa” explicaba a alcaldesa ao tempo que destacaba que “conseguir a complicidade da poboación na recollida do aceite usado é un dos obxectivos”.

Esta campaña estara ubicada hoxe martes 14 de 10.30 a 13.30h na Fonte dos Ranchos e de 15.30a 18.30h na praza da Milagrosa.  Mañá mércores sera o turno da praza Maior entre as 10.30 e as 13.30 e o xoves en Augas Ferreas entre as 15.30 e as 18.30. Para finalizar o venres entre as 10.30 e as 13.30 estará en Lamas de Prado, na praza do Castiñeiro.