Skip to main content
Lugo

A peonalización de Camiño Real contará con zonas verdes

Por 16 Febreiro, 2023Sin comentarios

Na rúa Camiño Real continúan avanzando os traballos de peonalización do treito comprendido entre a rúa Concepción Arenal e a Ronda da Muralla. Rubén Arroxo afirmou que “este treito será a rúa Bispo Aguirre da zona norte da Muralla, recuperando espazos útiles para as persoas”.

Este treito terá un mellor acondicionamento ambiental, dado que se instalarán novas zonas verdes con árbores e arbustos. O mobiliario urbano tamén se renovará, instalando bancos con respaldo, ademais de papeleiras e fontes. O tenente alcalde destacou o “bo ritmo” co que avanzan as obras, e afirmou que “a veciñanza en breves poderá desfrutar dun novo espazo peonil completamente acondicionado”.

O Goberno de Lugo inviste 279.432,31€ nesta intervención, que ten un prazo de execución de 6 meses. A nova zona peonil manterá o acceso rodado para as e os residentes, e o tráfico procedente da rúa Camiño Real desvíase, percorrendo a rúa Concepción Arenal e incorporándose de novo á Ronda da Muralla a través da rúa das Anduriñas.