Skip to main content
Lugo

O Rato acolle a segunda proba do ‘Corre con nós’ este domingo

Por 17 Febreiro, 2023Sin comentarios

Este domingo, 19 de febreiro, o paseo do río Rato acollerá a proba Corre con Nós Cinto Verde a partir das 12.00h. O percorrido terá lugar por unha das zonas verdes da cidade máis fermosas co fin de poñela en valor, onde os participantes poderán gozar da natureza nunha proba que é a segunda das 6 carreiras que integran o Circuíto Larsa Corre con Nós.

O Corre con Nós enmárcase nunha aposta por fomentar actividades físicas deportivas en todas as modalidades e para todas as idades contando este ano cun elevado número de participantes que superan os 1.500 corredores.

As carreiras partirán no comezo do paseo do Rato, á altura da Tolda con diferentes distancias para cada categoría. As vindeiras probas do circuíto terán lugar o 18 de marzo e 23 de abril, así como o 6 de maio e o domingo, 11 de xuño.

A recollida de dorsais dos novos inscritos ou de todos aqueles que non o fixeron para a proba anterior farase venres e sábado (mañá) en horario de apertura comercial en Intersport Lugo (Edificio Pimentel en rúa Bispo Aguirre 3).

As saídas serán na seguinte orde, ás 12.00 a categoría mini cunha distancia total de 300 metro e o seguinte percorrido, ás 12.0 será a quenda das categorías sub10 e sub12 cunha distancia de 800 metros que realizarán neste percorriodo. As categorías sub14 e sub 16 completarán unha distancia de 2000 metros no seguinte percorrido e terán a hora de saídas ás 12.15 e por último os adultos completarán unha distancia de 5900 metros con este percorrido e terán a saída ás 12.30.

O Concello informa que dende as 08.00 precísase a eliminación das prazas de aparcamento que existen na contorna do paseo do Rato próximas a Avenida de Madrid, para que a organización monte a infraestructura de carreira (saída e meta) e dende as 9.30 ata as 15.30 procederase á montaxe da infraestructura de carreira polo que será necesario cortar o tránsito de vehículos no Paseo do Rato, en diferentes puntos de acceso a esta.