Skip to main content
Lugo

Máis de 100 pilotos participarán no Campionato de España de Motocross en Lugo

Por 23 Febreiro, 2023Febreiro 24th, 2023Sin comentarios

Máis de cen pilotos daranse cita esta fin de semana en Lugo que acolle o  Campionato de España de Motocross no Circuíto Municipal Jorge Prado os días 25 e 26 de febreiro. Unha importante cita a nivel de referencia en toda Europa que será a segunda carreira do calendario e a última cita antes do mundial.

As tres categorías estrela da élite nacional que competirán esa fin de semana en Lugo son MXGP, MX2 e 125, unha proba na que participarán cerca de 150 pilotos e varios mundialistas que asistirán para preparar a tempada internacional.

Ademais estarán presentes tamén varios pilotos galegos de referencia mundial como Rubén Fernández, Yago Martínez e o lucense Jorge Prado que será esta a única proba do Campionato de España onde participará.  Prado, que se amosou moi ilusionado por poder competir na súa casa, sostivo que é “un soño feito realidade”.

As entradas para acudir a este campionato nacional xa están a venda aquí, os menores de seis anos poden entrar gratuitamente e os rapaces entre 6 e 14 contan cun 50% de desconto. A organización anunciou que xa se venderon máis de 1.300 localidades.