Skip to main content
Axenda CaducadaLugo

Un espectáculo de maxia reivindica a igualdade salarial

Por 22 Febreiro, 2023Sin comentarios

O espectáculo de maxia Igualdade, onde estás? estará mañá na Praza Maior a cargo da Maga Fani co obxectivo de visibilizar a reivindicación dunha igualdade salarial que elimine a fenda entre as retribucións que perciben as mulleres e os homes pola realización de idéntico traballo.

Realizarase unha sesión ás 11.00 da mañá para escolares, na que participarán máis de 300 nenos e nenas dos colexios de Casás, As Gándaras, Illa Verde e Quiroga Ballesteros. Estando previsto que, ás 18.00 horas se repita o espectáculo para un público familiar,xornada aberta á cidadanía e gratuíta.

A protagonista deste espectáculo naceu un 8 de marzo de 1975. A súa nai considera esta coincidencia un claro sinal dunha misión, e decide chamala Esperanza Marzal. Esperanza Marzal traerá a igualdade: ela desexa que no século XXI as mulleres poidan ir tranquilas polas rúas, acadar os mesmos postos de traballo que calquera outra persoa, conciliar a vida laboral e familiar, etc.