Skip to main content
Lugo

Rematan as obras de mellora na estación de autobuses de Lugo

Por 22 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de finalizar as obras que executou nos últimos meses na dársena da estación de autobuses de Lugo, ás que destinou 47.600 euros.

O proxecto incluíu melloras e reparacións dalgúns elementos para corrixir o deterioro propio do paso do tempo, ademais de traballos de humanización para xerar un espazo máis cómodo e acolledor.

Así, os antigos bancos foron substituídos por outros de madeira que ofrecen unha imaxe unificada e colocáronse plantas ornamentais. Tamén se renovou a pintura da fachada e dos portóns de acceso á dársena -sen modificar a cor – e acometéronse melloras puntuais, como o pintado dos bordos e o cambio dun colector de saneamento e dalgúns vidros que estaban danados.