Skip to main content
Lugo

Lugar de Reque acolle un obradoiro de sons vibracionais

Por 23 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Lugar de Reque acolle un obradoiro de sons vibracionais o vindeiro sábado 25 de febreiro en horario de 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30. 

Con esta proposta búscase achegarlle aos participantes un profundo coñecemento ancestral que relaciona o potencial de determinadas frecuencias de son co benestar físico e interior. 

Profundizarase nas orixes, composición e creación dos cuncos tibetanos, aprendendo a usalos a través do manexo da intensidade da presión e da frecuencia. 

Ademais tamén se coñecerán os cuncos alquímicos e os cuncos de cuarzo, enfocándonos con todos eles nas súas virtudes para a sandación e a meditación. 

As inscricións realizaranse exclusivamente por correo electrónico no enderezo lugardereque@deputacionlugo.org e a selección de participantes será por rigorosa orde de recepción.