Skip to main content
Lugo

A Praza de Abastos acolle esta fin de semana unha feira gastronómica

Por 24 Febreiro, 2023Sin comentarios

A Praza de Abastos de Lugo acollerá esta fin de semana a feira gastronómica Sabores do Eixo, unha feira que servirá para poñer en valor e promover os produtos con denominación de orixe galego-portuguesa, a través de degustacións, zona de venda, showcookings en directo ou obradoiros de cociña para crianzas, entre outras actividades.

Sabores do Eixo permitirá coñecer, gozar e catar as creacións de recoñecidos cociñeiros galegos e portugueses, seguindo unha das tradicións lucenses máis destacadas: o tapeo. Esta aposta gastronómica complétase cunha ampla selección de produtos para á súa cata e adquisición, un espazo para os/ as máis pequenos/as e actuacións en directo que proporcionarán o ambiente ideal para visitar estar feira.

A gastronomía lucense caracterízase por unha combinación de tradición e modernidade, cun denominador común: a calidade dos produtos empregados na súa elaboración. Durante o evento, haberá unha ampla selección de produtos para á súa cata e adquisición, así como un espazo para os nenos e nenas e actuacións en directo que crearán un ambiente festivo durante as dúas xornadas.

Toda a información sobre esta cita, así como do resto de eventos e actividades da Capital da Cultura do Eixo Atlántico pode consultarse na web: www.lugocapitaldacultura.com onde se irá actualizando a programación.