Skip to main content
Lugo

A galería Solaina inaugura mañá ‘O Furancho’

Por 24 Febreiro, 2023Xuño 20th, 2023Sin comentarios

Este sábado 25 de febreiro ás 18.00 terá lugar a inauguración de O Furancho unha exposición colectiva que reúne a obra de sete artistas da ilustración.

Estes sete artistas participaron nunha residencia express organizada polo colectivo Bunker24 en colaboración co Festival Vaia Vaia, a galería Solaina e Laconcongrelos o pasado 11 de febreiro.

Durante 24 horas estes sete artistas concentráronse na produción dunha historia nun contexto de catividade, o resultado é unha publicación que verá a luz o vindeiro 25 de febreiro.

Así a exposición O Furancho que se inaugurará o sábado contará con diferentes traballos individuais de cada un dos artistas e tamén cunha mostra do traballo de creación realizado durante as 24 horas da residencia.

Solaina é un espazo en Lugo dende o que promover a arte e a cultura da cidade e de Galicia en xeral, e no que os artistas poidan coñecerse, traballar xuntos, dialogar e exhibir as súas pezas.