Skip to main content
Lugo

Alumnos do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes gañan un prermio de carteis do 8M

Por 25 Febreiro, 2023Sin comentarios

O xurado do concurso do deseño do cartel do 8 de marzo, o Día Internacional da Muller, ditaminou os carteis gañadores da sexta edición desta iniciativa da Xunta de Galicia, resultando gañadores os traballos de escolares de centros da Coruña, Baiona, Pontevedra, Bueu, Cambados e Lugo.

Na categoría dirixida ás alumnas e os alumnos de terceiro e cuarto da ESO e primeiro e segundo de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e superior, obtivo o primeiro premio o alumnado de 1º de Bacharelato do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo con Elas abriron o teu futuro.

O xurado valorou este ano de xeito positivo a alta participación acadada nesta edición do certame no que presentaron os seus traballos ata 95 centros escolares. O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos galegos, a través dunha acción que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

As imaxes gráficas gañadoras poderán ser utilizadas pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, así como para outras accións de
sensibilización e promoción da Igualdade.