Skip to main content
ChantadaLugo

Chantada e Lugo acollerán un taller formativo sobre a produción láctea

Por 25 Febreiro, 2023Febreiro 26th, 2023Sin comentarios

Técnicos de AGACA e da USC explicarán en Chantada e en Lugo como reducir as pegadas nas granxas de leite, segundo un estudo previo desenvolvido en 100 explotacións de Galicia.

Este evento terá lugar o luns 27 e o martes 28 de febreiro nas instalacións de Aira, en Chantada, e no Hotel Santiago de Lugo, respectivamente. Santiago, 24 de febreiro de 2023.

Así, cada un destes días comezará ás 12.00 horas cunha explicación do proxecto, que é a pegada de carbono e hídrica, métodos de cálculo, melloras para reducir as pegadas e rolda de preguntas.

Nesta primeira parte, Javier Martínez e Francisco López, técnicos de Calidade e Innovación alimentaria de AGACA serán os encargados do relato.

Xa ás 13.00 horas interpretaranse os resultados da man de Eduardo Adestra, membro do grupo BioGroup USC, e finalmente haberá unha rolda de preguntas.

O estudo

No estudo, ‘A mellora da competitividade das explotacións de gando de vacún leiteiro mediante asesoramento para a redución da pegada de carbono e pegada hídrica’, participaron gandeiros e gandeiras socias de Aira aos que se lles exporán as conclusións obtidas e as claves para reducir a pegada de carbono e hídrica nas súas granxas de leite.

Este estudo desenvolvido por AGACA e BioGroup (USC) levou a cabo realizando medicións exhaustivas en 100 granxas galegas produtoras de leite cunha media de 88 vacas en fase produtiva (50 delas na comarca de Chantada-Sarria; 28 na mariña lucense; 7 das Terras de Melide e 15 na comarca de Barcala- Bergantiños).

Tras publicarse as conclusións obtidas, iniciouse unha etapa de comunicación directa aos gandeiros e gandeiras para que poidan aplicar as recomendacións dos expertos sendo celebrados os primeiros talleres os días 15 e 16 deste mes en Ribadeo (Lugo) e Ames (A Coruña).