Skip to main content
Lugo

As Gándaras celebra as súas festas en marzo

Por 28 Febreiro, 2023Marzo 1st, 2023Sin comentarios

O barrio das Gándaras celebra os vindeiros 16, 17, 18 e 19 de marzo as súas festas na honra de San Xosé.

As celebracións darán comezo o xoves 16 de marzo ás 20.30 co pregón para continuar ás 21.00 cunha churrascada popular. Para finalizar a xornada ás 21.30 dará comeza a verbena.

O venres 17 de marzo a orquestra París de Noia será a encargada de amenizar a noite cunha actuación que dará comezo ás 22.00.

A programación do sábado dará comezo ás 11.00 cun pasacalles con música tradicional para continuar cunha misa ás 13.30. Ás 14.30 será a hora da sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate.

A verbena do sábado contará coas actuacións da orquestra Escaparate e Los Satélites.

O domingo 19 as celebracións darán comezo ás 11.00 cun pasacalles con música tradicional para continuar ás 13.30 coa misa solemne. A sesión vermú dará comezo ás 14.30 e estará a cargo da orquestra Acordes.

Xa pola tarde, ás 17.00 haberá unha festa infantil e finalizarán as festas cunha sesión de tarde ás 20.30 a cargo da orquestra Acordes.