Skip to main content
Lugo

Lugo Monumental organiza unha edición especial de comercio na rúa

Por 28 Febreiro, 2023Sin comentarios

Lugo Monumental está a preparar unha edición especial de Os mércores sáese, a actividade que fai que cada semana varios comercios do centro histórico saquen as súas mercadorías á rúa, para dar a benvida á primavera.

Tras a pandemia a asociación animou aos comercios para darse a coñecer na vía pública, con autorización do Concello de Lugo, e a iniciativa segue funcionando a día de hoxe, cada vez con máis éxito. Por eso desde Lugo Monumental están a preparar esta edición especial de Os mércores sáese, na que se convida a participar a comerciantes tanto socios como non socios da entidade.

En zonas como San Pedro, Rúa Nova ou praza de España semana tras semana as tendas sacan a rúa colgadoiros e mercadorías para chamar a atención dos viandantes, cun bo resultado. Dende a asociación buscan que esta edición os interesados que teñan os seus comercios fóra de murallas poidan participar conxuntamente nun espazo na Praza de España nunha cita que esta prevista para finais de marzo.