Skip to main content
Navia de Suarna

Raúl Pérez Álava será o candidato á alcaldía de Navia de Suarna

Por 6 Febreiro, 2023Sin comentarios

Raúl Pérez Álava, presidente da xunta xestora do PP de Navia, será o candidato popular á alcaldía deste municipio. O aspirante a presidir a corporación municipal naviega asume a súa designación para encabezar a lista do PP con “toda responsabilidade, co compromiso de traballar intensamente para conseguir a alcaldía e para, dende ela, servir con dedicación, eficacia e humildadeaos intereses dos veciños de Navia”.

Ao acto de presentación do candidato asistiu unha representación da dirección provincial do PP. Pérez Álava sinala: “Un municipio de montaña como é o de Navia pode resultar atractivo como lugar de residencia para moita xente. Pero, para que sexa así, hai que crear as condicións adecuadas. Por exemplo, é fundamental conseguir que funcionen debidamente as telecomunicacións, porque se non se pode teletraballar non resulta fácil que sexa un sitio atractivo para vivir”. E tamén “hai que mellorar a rede de estradas, que son fundamentais para que a xente se anime a vivir aquí”.

O candidato popular á alcaldía di que “dende o Concello hai que dar facilidades a todos aqueles que queiran emprender un negocio, a todos aqueles que teñen unha empresa en Navia”.

Para o aspirante polo PP á alcaldía a ampliación e mellora dos servizos sociais é outra liña fundamental de traballo a seguir, porque as características do territorio e da poboación así o demandan.

Entre os representantes da dirección provincial do PP que asistiron ao acto de presentación do candidato estivo o coordinador provincial e portavoz, o deputado autonómico José Manuel Balseiro, que destacou que os populares aspiran a “gobernar en Navia, municipio no que se presentan cun proxecto renovado”.

Balseiro sinalou: “Navia nos últimos anos perdeu poboación e servizos; hai que procurar asentar poboación” Balseiro adiantou que o PP traballará “para que Navia recupere o esplendor que tivo e que perdeu cos gobernos socialistas”.