Skip to main content
Axenda CaducadaNavia de Suarna

Navia de Suarna celebrará a Festa da Androlla o 19 de febreiro

Por 9 Febreiro, 2023Sin comentarios

O Concello de Navia de Suarna celebra a XXXII Festa da Androlla que terá lugar o vindeiro 19 de febreiro.

Esta festividade contará con diferentes postos que terán a venda chourizos, queixos, morcillas e produtos artesáns de ourivaría e sobretodo o produto típico da zona, a androlla.

O programa está por completar aínda que nas edicións anteriores a festa comezaba cun pasa rúas, había degustación de androlla na praza…

A androlla é un embutido elaborado coa tripa grosa do porco que se enche de costela, touciño e coiros. Todo isto adóbase con pemento doce ou picante, allo, ourego e sal. É un produto moi parecido ao butelo xa que tan só cambia a tripa.