Skip to main content
Navia de Suarna

Roberto Carballo será o candidato do BNG á alcaldía de Navia de Suarna

Por 20 Febreiro, 2023Sin comentarios

O actual portavoz e concelleiro do Bloque Nacionalista Galego en Navia de Suarna, Roberto Carballo López, foi elixido por unanimidade pola asemblea local da organización como candidato ás eleccións municipais.

“Asumo esta responsabilidade de encabezar a única alternativa de goberno para poder activar o potencial que ten Navia, de forma que permita aumentar o nivel de calidade de vida da veciñanza” declarou Roberto Carballo.

Neste sentido, o candidato do BNG destacou “o BNG está preparado para liderar un goberno municipal” e subliñou “Navia precisa un novo rumbo, no que se poña en valor todas as nosas capacidades e recursos, e de igual xeito, mellorar os servizos públicos como privados, para deixar atrás a agonía na que estamos”

Roberto Carballo destacou as posibilidades de desenvolvemento do concello “A Festa da Androlla é unha dos potenciais que posúe Navia, no que a transformación de alimentos pasa desde o campo á mesa, proxectos que debemos seguir impulsando e mellorando apostando por un futuro mellor”