Skip to main content
PortomarínSarria

A carreira Xacorun fará meta este domingo en Portomarín

Por 25 Febreiro, 2023Sin comentarios

Este domingo terá lugar a segunda edición da carreira Xacorun, que se realizará entre Sarria e Portomarín, atravesando o concello de Paradela.

A proba constará de dúas modalidades, unha de 23 quilómetros que partirá ás 9.30 horas das inmediacións do Concello de Sarria e, seguindo o Camiño de Santiago, chegará a Portomarín tras percorrer 23 quilómetro.

A segunda modalidade terá un percorrido de 10 quilómetros que sairá ás 10.30 horas de Mirallos (Paradela) e chegará tamén a Portomarín.

A proba conta xa con máis de 240 inscritos.